II Domingo del Tiempo Ordinario
San Juan 2, 1-11
O terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. Tamén foi convidado Xesús e mais os seus discípulos ó casamento. Chegou a faltar o viño e a nai de Xesús díxolle:
‑Non che teñen viño.
Replicoulle Xesús:
‑Muller ¿que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora.
Súa nai díxolles entón ós servidores:
‑Facede o que el vos diga.
Había alí seis tallas de pedra para as purificacións dos xudeus, que levaban ó pé de cen litros cada unha. E ordenoulles Xesús:
‑Enchede de auga as tallas.
Eles enchéronas de todo.
Díxolles entón:
‑Collede agora e levádelle a proba ó mestresala.
Eles levárona. E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onda viña (os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo e díxolle:
‑Todo o mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti, en troques, deixáche-lo viño bo para agora.
Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa gloria, e creron nel os seus discípulos.