26 junio 2022

Juan_Andres No hay comentarios

XIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas 9,51-62

Cando se ía cumprir o tempo de que o levantasen deste mundo, decidiu en firme ir a Xerusalén. Mandou mensaxeiros por diante. Entrando estes nunha aldea de samaritanos, para lle prepararen pousada,non o recibiron, porque lle coñeceron que ían cara a Xerusalén.

O veren isto, os discípulos Santiago e Xoán dixeron:
‑Señor, ¿queres que digamos que baixe do ceo un raio que os parta?

Pero el volveuse e rifoulles. E foron para outra aldea.

Polo camiño, díxolle un:
‑Seguireite, vaias onde vaias.

Respondeulle Xesús:
‑As raposas teñen tobeiras, e os paxaros teñen niños; pero o Fillo do Home non ten onde pousar a cabeza.

Díxolle a outro:
‑Sígueme.

Pero el contestoulle:
‑Déixame ir primeiro enterrar a meu pai.

Respondeulle:
‑Deixa que os mortos enterren os seus mortos: ti vai anunciar o Reino de Deus.

Outro díxolle tamén:
‑Señor, seguireite, pero deixa que primeiro me despida da miña familia.

Contestoulle:
‑Quen despois de pó-la man no arado, mira para atrás, non é apto para o Reino de Deus.

Categories
2022-06 Junio
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *