Quien soy
Clodomiro Ogando, o cura que lles canta aos veciños cada mañá polo WhatsApp

O párroco lamés de sete parroquias do Condado grava cancións cada día para animar aos veciños a quedar na casa ►A parroquia de Arcade, A Insua e o Viso, comparte os seus temas a diario e estes están a chegar a emigrantes en distintos puntos do mundo Unha das persoas máis famosas que se poden atopar estes días nas redes do grupo de seguidores da parroquia de Arcade-A Insua e O Viso é o párroco Clodomiro Ogando Durán, que ten xa no seu haber, unha lista de sete videos musicais de ánimo que xeran o aplauso unánime destes centos de feligreses e dunha lexión crecente de seguidores. O curioso do caso é que don Clodomiro non é o cura de Arcade, do Viso, nin da Insua –aínda que por proximidade, ben o podería selo, porque naceu na Lama– senón que se encarga de coidar aos feligreses de Fontenla, Lira, San Mateo, Soutolobre, Leirado, Meder e Taboexa, parroquias de As Neves, Salvaterra e Ponteareas.
Reacción de la prensa local y redes sociales:
24-marzo-2020 : Diario de Pontevedra – Clodomiro Ogando, el párroco que anima a sus feligreses con canciones que envía a través del Whatsapp
24-marzo-2020 : Facebook – Diario de Pontevedra
25-marzo-2020 : COPE.ES – Clodomiro Ogando, el párroco que anima a sus feligreses con canciones que envía a través del Whatsapp
27-marzo-2020 : ivoox : Entrevista cura párroco don Clodomiro Ogando
Texto: Diario de Pontevedra, 24 marzo 2020