V Domingo de Cuaresma
San Juan 12, 20-33
Algúns dos que subían a adorar no día da Festa eran gregos. Achegáronse a Filipe, o de Betsaida de Galilea, e pedíronlle:
‑Señor, queremos ver a Xesús.
Foi Filipe e díxollo a Andrés; Andrés e mais Filipe foron dicirllo a Xesús. Xesús respondeulles:
‑Chegou a hora de que sexa glorificado o Fillo do Home. Évos ben certo: se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só; pero se morre, dará froito abondoso. Quen ama a súa vida, pérdea; mais quen aborrece a súa vida neste mundo, poñeraa a salvo para unha vida eterna. Se alguén quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai. Agora o meu espírito está turbado. ¿E que hei de dicir: Pai, sálvame desta hora? ¡Pero se para iso cheguei a esta hora! Pai, glorifica o teu Nome.
Chegou entón unha voz do ceo:
‑Xa o glorifiquei, e glorificareino aínda de novo.
O oílo o xentío alí presente, dicía que fora un trono; outros dicían: “faloulle un anxo”. Xesús interveu dicindo:
‑Esta voz non foi por min, senón por vós. Agora é o xuízo deste mundo; agora ó príncipe deste mundo vano botar fóra. E eu, cando me ergan da terra, atraerei a todos cara a min.
Dicía isto, indicando de que morte había de morrer.