Domingo de Ramos en la Pasión del Señor
San Marcos 11, 1-10
E cando se aproximaban a Xerusalén, cerca de Betfagué e de Betania, ó pé do Monte das Oliveiras, mandou a dous discípulos dicíndolles:
‑Ide á aldea que tendes aí por fronte, e ó que entredes, ides atopar atado un burro que ninguén montou aínda; soltádeo e traédeo. Se alguén vos pregunta por que o facedes, dicídelle: “Precísao o Señor, pero de seguida o mandará de volta”.
Foron alá, atoparon o burro atado a un portal e desatárono. Algúns dos que andaban por alí, preguntáronlles:
‑¿Que facedes aí desatando o burriño?
Eles contestáronlle tal como Xesús lles mandara. E leváronlle o burro a Xesús, que montou nel así que o cubriron cos seus mantos. Moitos estendían tamén os seus mantos no camiño, para que lle servisen de alfombras; e outros, ramallos cortados nas chousas. E tanto os que ían diante coma os de detrás, exclamaban:
‑¡Hosanna! ¡Bendito o que vén no nome do Señor! ¡Bendito o reino do noso pai David que chega! ¡Hosanna no ceo!