II Domingo de Cuaresma
San Lucas (Lc 9,28b-36): Un Destello de la Gloria del Señor
Oito días despois desta conversa, colleu a Pedro, a Xoán e mais a Santiago e subiu ó monte a orar. Mentres estaba orando, cambiou o aspecto do seu rostro, e os seus vestidos viraron brancos e resplandecentes. De súpeto apareceron dous homes falando con el; eran Moisés e mais Elías. Tiñan un aspecto glorioso e falaban do seu éxodo que remataría en Xerusalén. 32Pedro e mais os outros caían co sono, pero, manténdose espertos, contemplaron a súa gloria e os dous homes que o acompañaban. 33Cando eles se arredaban, díxolle Pedro a Xesús:
‑Mestre, ¡que ben que esteamos nós aquí! ¿Queres que vos fagamos tres tendas, unha para ti, outra para Moisés, e outra para Elías?
Pero non sabía o que dicía. E mentres falaba, unha nube cubriunos coa súa sombra; eles quedaron moi asustados ó entraren nela. Entón unha voz dixo desde a nube:
‑Este é o meu Fillo, o Elixido: escoitádeo.
Cando a voz acabou, Xesús apareceu só. E eles gardaron silencio. E non lle dixeron a ninguén nada do que viran naqueles días.