La Ascensión del Señor
San Lucas 24,46-53
E engadiu:
‑Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día, e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén.8Vós seredes testemuñas de todo isto. E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai. Mentres tanto seguide na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de arriba.
Despois levounos para fóra, a un lugar preto de Betania, e alí, erguendo as mans, bendiciunos. E mentres os bendicía, foise separando deles, e foi elevado ó ceo. Eles, despois de se prostraren ante el, volveron para Xerusalén cheos de alegría. E seguían decote, no templo, bendicindo a Deus.