15 mayo 2022

Juan_Andres No hay comentarios

V Domingo de Pascua
San Juan 13,31-33a.34-35

Agora queda glorificado o Fillo do Home e Deus queda glorificado nel. Se Deus queda glorificado nel, tamén Deus o glorificará a el e hao glorificar axiña. Meus fillos: só un pouquiño estarei convosco. Habédesme buscar, pero, como lles dixen ós xudeus, dígovolo a vós agora: “onde vou eu, vós non podedes vir”.

Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros.

Categories
2022-05 Mayo
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *