IV Domingo del Tiempo Ordinario
Marcos 1, 21-28
Viñeron a Cafarnaún, e, ó chegar o sábado, púxose a ensinar na sinagoga.
Todos estaban abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten autoridade, non coma os letrados. E cadrou que había naquela sinagoga un home posuído por un mal espírito, e púxose a berrar:
¿Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? ¿Seica viñeches para acabar connosco? Ben sei quen es ti: ti es o Santo de Deus.
Xesús mandoulle:
‑Cala, e bótate fóra dese home.
O espírito malo sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del. Todos ficaron pasmados, e discutían entre si, dicindo:
‑¿Que é isto? Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes ós espíritos malos, e eles obedéceno.
E a súa sona espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.
.