Santa María, Madre de Dios
San Lucas 2, 8-20
Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó descuberto vixiando o seu rabaño. Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron un gran susto. Pero o anxo díxolles:
‑Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo. Hoxe na vila de David naceuvos un Salvador, o Mesías, Señor.
Este é o sinal: atoparedes unha criatura envurullada e deitada nunha manxadoira, nunha corte.
E, de súpeto, arredor do anxo apareceu unha multitude do exército celestial, que louvaba a Deus dicindo:
‑¡Gloria a Deus no ceo e na terra paz ós homes que gozan do seu amor!
Cando os anxos se retiraron marchándose ó ceo, comentaban os pastores entre eles:
‑Vaiamos a Belén ver o que sucedeu e que o Señor nos manifestou.
Foron a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira. O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño, deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os pastores. 19María, pola súa parte, conservaba todas estas cousas no seu corazón. Os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.