2 mayo 2021

Juan_Andres No hay comentarios

V Domingo de Pascua
San Juan 15, 1 – 8

Eu son a verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. O bacelo que en min non leva froito, arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve máis froito aínda. Vós xa estades limpos, pola palabra que vos teño falado. Permanecede en min e eu en vós.

Así como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non permanece na vide, vós tampouco, se non permanecedes en min. Eu son a vide; vós os bacelos. Quen permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non podedes facer nada. Se alguén non permanece en min, é coma os ramos arrincados fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden. Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer. Nisto é glorificado meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes coma discípulos meus

Categories
2021-05 Mayo
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *