16 mayo 2021

Juan_Andres No hay comentarios

La Ascensión del Señor
San Marcos 16, 15 -20

E díxolles:

‑Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a creación. Quen crea e se bautice, salvarase; quen non crea, condenarase. Os que crean irán acompañados destes sinais: no meu nome botarán demos, falarán linguas novas; collerán serpes coas mans, e se chegan a beber algún veleno, non lles fará mal ningún; imporanlles as mans ós enfermos, e estes curarán.

Ascensión de Xesús (Lc 24, 50-53; Feit 1, 9-11)

O Señor, despois de lles falar así, elevouse ó ceo, e sentou á dereita de Deus. Eles saíron a predicar por todas partes, contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra cos sinais que os acompañaban.

Categories
2021-05 Mayo
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *