III Domingo de ADVIENTO – Gaudete
San Lucas 3,10-18
E a xente preguntáballe:
‑¿E logo, que temos que facer?
El respondíalles:
‑O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.
Foron tamén uns recadadores a se bautizar, e preguntáronlle:
‑Mestre, ¿que temos que facer?
El contestoulles:
‑Non esixades nada máis do que vos está mandado.
Tamén uns soldados lle preguntaron:
‑E nós, ¿que temos que facer?
El contestoulles:
‑Non asoballedes nin saqueedes a ninguén, e contentádevos coas vosas pagas.
Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non o sería Xoán; pero el declarou diante de todos:
‑Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume. Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e recoller na hucha o seu trigo; pero a palla ha de a queimar no lume que nunca apaga.
Con esta e outras moitas exhortacións anunciáballe a Boa Nova á xente.