La Sagrada Familia de Jesús, María y José
San Lucas 2, 41-52
Polas festas da Pascua seus pais ían todos os anos a Xerusalén. E así, cando o neno tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. Pasados aqueles días, cando eles volvían o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que seus pais se decatasen. Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono entre os parentes e coñecidos. Pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para buscalo. E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. Todos os que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións. O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai preguntoulle:
‑¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos cheos de angustia en busca túa.
El respondeu:
‑¿E logo por que me buscades? ¿Seica non sabiades que eu teño que estar na casa de meu Pai?
Pero eles non entenderon a resposta. Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón.
Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en graza diante de Deus e mais dos homes.