13 febrero 2022

Juan_Andres No hay comentarios

VI Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas 6,17.20-26

E baixando con eles, detívose nunha valgada cun bo grupo de discípulos e numerosa xente de toda Xudea, de Xerusalén e mais de toda a ribeira de Tiro e Sidón, 18que viñan escoitalo e a que os curase das súas doenzas. Os atormentados por espíritos inmundos quedaban curados; 19e toda a xente intentaba tocalo, pois del saía unha forza que curaba a todos.

Xesús coa mirada posta nos seus discípulos dixo:
‑Ditosos vós os pobres,
porque voso é o Reino de Deus.

Ditosos os que agora pasades fame,
porque Deus vos fartará.

Ditosos os que agora chorades,
porque riredes.

Ditosos vós, cando vos aborrezan os homes,
vos expulsen e vos aldraxen,
cando poñan nas listas negras o voso nome
por causa do Fillo do Home:

alegrádevos nese día, brincando de gozo,
porque grande será a vosa recompensa no ceo,
pois así mesmo foi como os pais deles lles fixeron ós profetas.

Pero, ¡ai de vós, os ricos,
porque xa acadastes a vosa satisfacción!

¡Ai de vós, os que agora estades fartos:
xa pasaredes fame!
¡Ai de vós, os que agora rides:
xa choraredes e xa laiaredes!

¡Ai, cando todos falen ben de vós:
o mesmo fixeron os seus pais cos falsos profetas!

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *