27 febrero 2022

Juan_Andres No hay comentarios

VIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (Lc 6,39-45): Nuestra fe no debe desacreditar el Evangelio

E púxolles unha comparanza:

‑¿Acaso poderá un cego guiar a outro cego? ¿Non caerán os dous na fochanca? Non está o discípulo por enriba do mestre; aínda que todo discípulo que chegue a prepararse ben, será coma o seu mestre. or que reparas no lixo que hai no ollo de teu irmán, e non te decatas da trabe que está no teu propio ollo? ¿Como lle poderás dicir a teu irmán: “Irmán, deixa que che quite o lixo que tes no ollo”, sen reparar na trabe que tes no teu? ¡Hipócrita! Quita primeiro a trabe do teu ollo, e logo verás mellor para quitar o lixo do ollo de teu irmán.

Non hai árbore boa que produza froitos ruíns, nin tampouco árbore ruín que produza froitos bos. Así, cada árbore coñécese polos seus froitos. Pois dos toxos non se collen figos, nin das silveiras se vendiman uvas. O home bo saca o ben da bondade do seu propio corazón, e o home malo saca o mal da súa maldade, pois do que reborda o corazón fala a boca.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *