XXI Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas 13,22-30
Atravesaba vilas e aldeas ensinando, camiño de Xerusalén.
Un preguntoulle:
‑Señor, ¿e logo son poucos os que se salvan?
El respondeu:
‑Loitade para entrardes pola porta estreita, porque vos aseguro que moitos intentarán entrar e non poderán. Despois que o dono da casa peche a porta e empecedes os de fóra a petar nela dicindo: “Señor, ábrenos”, el responderá: “Non sei quen sodes”. Entón empezaredes a dicir: “¡Se nós comemos e bebemos contigo e ti ensinaches polas nosas rúas!”. El repetirá: “Non sei quen sodes. ¡Arredade de min os que practicades a inxustiza!”.
Daquela habedes chorar e hanvos renxer os dentes: cando vexades que Abraham, Isaac, Xacob e todos os profetas están no Reino de Deus, e que a vós vos botan para fóra. E chegarán de Oriente e Occidente, do norte e do sur a sentar na mesa do Reino de Deus. Si, hainos que son últimos e serán os primeiros, e hainos primeiros que serán os derradeiros.