7 agosto 2022

Juan_Andres No hay comentarios

XIX Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas 12,32-48

Non teñas medo, miña grea pequena, que o teu Pai compraceuse en darche o Reino. Vendede os vosos bens e dádeos en esmola, facede bolsas que non se estraguen, un tesouro inesgotable no ceo, onde o ladrón non pode chegar e onde a traza non o bota a perder. Pois onde está o teu tesouro, estache o teu corazón.

Tede posta a roupa de traballo e as lámpadas acesas; sédeme coma os que agardan que volva o seu amo da voda, para que, cando chegue e chame, lle poidan abrir. Ditosos os criados a quen o amo atope agardando cando chega. Tede por certo que poñerá a roupa de traballo, sentaraos na mesa e serviraos un por un. Sexa pola anoitecida ou sexa pola alborada, se os atopa así, felices eles. Entendede ben: se o dono da casa soubese a que hora vai chegar o ladrón, non permitiría que lle asaltasen a casa. Así tamén: estade vós preparados, porque á hora menos pensada ha vir o Fillo do Home.

Díxolle Pedro:
‑Señor, ¿a parábola que acabas de contar vai por nós ou por todos en xeral?

Contestoulle o Señor:
‑¿Quen é, logo, o administador fiel e prudente, a quen o seu señor encargará o coidado de dar no seu tempo a ración de trigo á servidume? ¡Ditoso o criado aquel, a quen o seu amo, cando chega, o atopa cumprindo coa súa tarefa! Tede por seguro que lle encomendará toda a facenda. Pero se o criado aquel di para si: “O amo aínda non vén para agora” e empeza a mallar nos criados, comendo e bebendo ata se emborrachar; 46o día menos pensado e á hora máis imprevista, chegará o amo do criado aquel, e botarao fóra cos infieis. O criado que, coñecendo as vontades do amo, non ten todo preparado nin feitas as cousas como a el lle gustan, levará moitos paus; pero o que non os coñece, aínda que faga algo que mereza castigo, levará poucos. A quen moito se lle dá, moito se lle esixirá; e a quen moito se lle confía, moito se lle pedirá.

Categories
2022-08 Agosto
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *