XVIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas 12,13-21
Díxolle entón un que estaba entre a xente:
‑Mestre, dille a meu irmán que reparta a herdanza comigo.
El contestoulle:
‑Home, ¿quen me nomeou xuíz ou testamenteiro entre vós?
E logo díxolle á xente:
‑Atención: gardádevos da cobiza, que por moito que un teña non por iso a súa vida depende dos seus bens.
E propúxolles unha parábola:
‑As terras de certo home rico déranlle moito froito. Púxose entón a cavilar: “¿Como vou facer, que non teño onde meter o froito?” E dixo: “Xa o sei: vou desfacer os meus celeiros, e constrúo outros máis grandes e alí meto o trigo todo e todos os meus bens. Logo direime a min mesmo: Amigo, xa tes aí reservas para moitos anos; descansa, come, bebe e ¡a vivir!” Pero Deus díxolle: “Insensato, esta mesma noite váiseche reclamar a túa vida: ¿para quen será todo o que fixeches?”
Así é quen atesoura riquezas para si, pero non é rico para Deus.