XVII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas 11,1-13
Dunha vez despois de estar el orando en certo lugar, un dos discípulos pediulle:
‑Mestre, apréndenos a rezar, como lles aprendeu Xoán ós seus discípulos.
Respondeulles:
‑Cando recedes, dicide:
Pai, ¡sexa santificado o teu Nome!
Pai, ¡veña o teu Reino!
Dános cada día o noso pan.
E perdoa os nosos pecados, como tamén perdoamos nós a todo o que nos debe; e non nos sometas á tentación.
Logo continuou:
‑Botade de conta que un de vós ten un amigo, que vos presentades na casa del pola noite, fóra, e que lle dicides: “Amigo, déixame tres bolos de pan, 6que me veu un amigo de viaxe, e non teño nada que lle poñer diante”. E que aquel, desde dentro, responde: “Non me amoles, está a porta pechada, eu e mais os nenos estamos na cama: non me podo erguer agora para chos dar”. Desde logo que, se non se levanta para llos dar por se tratar dun amigo, cando menos por ser teimudo, erguerase e hallos dar.
Por iso dígovos: “Pedide e recibiredes, buscade e atoparedes, petade a abrirásevos. Que todo o que pide, recibe; o que busca, atopa; e a quen peta, abriráselle”.
Ou logo, ¿que pai hai entre vós que, se o seu fillo lle pide un peixe, lle dá unha cobra? 12¿Ou se lle pide un ovo, dálle un alacrán? Pois se vós, sendo ruíns, ben lles sabedes dar cousa boas ós vosos fillos, ¡canto máis o Pai celestial dará o Espírito Santo ós que llo pidan!