04. diciembre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

II Domingo de Adviento
San Mateo (3,1-12):

Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto, proclamando:
Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.

El era de quen dixera o profeta Isaías:
Unha voz clama no deserto:
Preparade o camiño do Señor,
endereitade os seus vieiros.

Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro no van, e mantíñase de saltóns e mel bravo. Ia onda el xente de Xerusalén, de toda Xudea e mais da banda do Xordán. Confesaban os seus pecados e el bautizábaos no Xordán.
Como se decatara de que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase, díxolles:
¡Raza de víboras! ¿Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar? Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non vos fagades ilusións dicindo entre vós: “Somos fillos de Abraham”, porque vos aseguro que Deus pode sacar fillos de Abraham mesmo destas pedras. Xa está a machada posta contra a raíz das árbores, e toda árbore que non dea froito cortarase e botarase ó lume.
Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle levar as sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume. Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e na hucha recoller o trigo; e ha queimar a palla nun lume que nunca se apaga.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *