III Domingo de Adviento «Gaudete»
San Mateo (11,2-11):
Xoán, oíndo falar na cadea das obras de Cristo, mandou os seus discípulos a lle preguntar:
¿Es ti o que ten que vir ou esperamos a outro?
Respondeulles Xesús:
Ide e contádelle a Xoán o que estades oíndo e vendo:
os cegos ven e os coxos andan, os leprosos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova. ¡E ditoso quen non se escandalice de min!
Non ben se foron eles, comezou Xesús a falar de Xoán á xente:
¿Que fostes ver ó deserto?: ¿unha cana abaneada polo vento?
Pois logo, ¿que fostes ver?: ¿un home vestido con roupas finas? Pero os que visten roupas finas están nos pazos dos reis. 9Pois logo, ¿a que saístes?: ¿a ver un profeta? Si, e abofé que moito máis ca un profeta. 10Este é de quen está escrito:
Olla, mando o meu mensaxeiro diante de ti, para que prepare o teu camiño.
Tede por seguro que non naceu de muller ninguén meirande ca Xoán Batista, aínda que o máis pequeno no Reino dos Ceos é meirande ca el.