3 octubre 2021

Juan_Andres No hay comentarios

XXVII Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 10,2-16

Achegáronselle algúns fariseos, preguntándolle para probalo, se lle está permitido ó home repudiar a muller. El replicoulles:
‑¿Que foi o que mandou Moisés?

Respondéronlle:
‑Moisés permitiu despedila, dándolle certificado de divorcio.

Díxolles Xesús:
‑Tendo en conta a dureza de voso corazón, escribiu Moisés para vós esa norma. Pero desde o principio da creación, fíxoos varón e femia. Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai, unirase coa súa muller, 8e serán os dous unha soa carne. De xeito que xa non son dous, senón unha soa carne. O que Deus uniu, que non o separe o home.

Xa na casa, os discípulos volvéronlle a preguntar acerca disto. El díxolles:
‑O que repudia a muller e casa con outra, comete adulterio contra a primeira. E se a muller abandona o marido e casa con outro, comete adulterio.

E leváronlle uns nenos para que os tocase. Pero os discípulos rifábanlles. Mais a Xesús non lle gustou aquilo e dixo:
‑Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo impidades, porque deles é o Reino de Deus. Asegúrovos que aquel que non reciba coma un neno o Reino de Deus, non entrará nel.

E abrazounos e bendiciunos e impúxolles as mans.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *