17 octubre 2021

Juan_Andres No hay comentarios

XXIX Domingo del Tiempo Ordinario
San Sarcos 10, 35-45

Achegándose os fillos de Zebedeo Santiago e mais Xoán, dixéronlle:
Mestre, nós queriamos que nos fixeses o que che imos pedir.

El preguntou:
¿E logo, que é o que queredes que vos faga?

Contestáronlle:
Concédenos que na túa gloria sentemos un á túa dereita e outro á túa esquerda.

Respondeulles Xesús:
Vós non sabedes ben o que pedides. ¿Seredes capaces de beber o cáliz que eu teño que beber, e recibir o bautismo que eu teño que recibir?

Respondéronlle:
Somos.

Xesús replicou:
O cáliz que teño que beber, si que o beberedes, e tamén recibiredes o bautismo que eu teño que recibir, pero o sentardes á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende de min o concedelo, senón que é para os que está reservado.

O escoitaren isto, os outros anoxáronse con Santiago e con Xoán. Entón Xesús chamounos e díxolles:

Xa sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan e que os poderosos os asoballan. Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos, quen queira ser importante, que sirva os outros, 44e quen queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal. Que o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir, e a entregar a súa vida en rescate por todos.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *