XXVIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 10, 17 – 30
No preciso momento en que se puña en camiño, chegou un a correr, que se axeonllou diante del e que lle preguntou:
‑Mestre bo, ¿que teño que facer para acadar a vida eterna?
Xesús contestoulle:
‑¿E por que me chamas bo? Ninguén e bo, fóra de Deus. Xa sabes os mandamentos: Non mates, non cometas adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non defraudes, honra a teu pai e mais a túa nai.
El respondeu:
‑Mestre, todas esas cousas gardeinas desde a miña mocidade.
Entón Xesús pousou nel a súa ollada chea de cariño e engadiu:
‑Aínda che falta unha cousa: vai, vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e terás un tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.
Ante estas palabras mudóuselle o rostro e marchou moi apesarado, pois tiña moitos bens.
Xesús mirando todo arredor, díxolles ós discípulos:
‑¡Que difícil lles vai ser ós ricos entrar no Reino de Deus!
E os discípulos ficaron moi sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu a insistir:
‑Fillos, ¡que difícil é entrar no Reino de Deus! 25É máis doado para un camelo pasar polo ollo dunha agulla, do que para un rico entrar no Reino de Deus.
Eles, aínda moi asombrados, comentaban entre si:
‑Entón, ¿quen se vai poder salvar?
Xesús, mirando para eles fixamente, dixo:
‑Si, para os homes é imposible, pero non para Deus; pois todo é posible para Deus.
Colle Pedro e di:
‑Pois nós deixámolo todo, e seguímoste.
Dixo Xesús:
‑Tende por seguro que non hai ninguén que deixe casa ou irmáns ou irmás ou nai ou pai, ou fillos ou leiras por cousa miña e polo Evanxeo, que pase sen recibir cen veces máis en casas, irmáns, irmás, nai, pai, fillos e leiras (aínda que con persecución) agora, e que no mundo futuro non reciba a vida eterna.