XXXI Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 12, 28-34
Un letrado, que oíra a discusión, decatándose do ben que lles respondera, preguntoulle:
¿Cal é o mais importante de todos os mandamentos?
Xesús respondeulle:
O primeiro é: Escoita, Israel: o Señor é o noso Deus, o Señor é único, e amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con todas as túas forzas. O segundo é: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Non hai mandamentos máis importantes ca estes.
O letrado replicou:
Moi ben, Mestre, estás no certo cando dis que El é único e non hai outro fóra del; e que amalo con todo o corazón, con todo o entendemento e con todas as forzas, e o próximo coma a un mesmo, é mais importante do que todos os sacrificios e holocaustos.
Xesús, vendo que respondera con moito tino, díxolle:
Non estás lonxe do Reino de Deus.
E ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas.