16. octubre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

XXIX Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (18,1-8):

Propúxolles tamén unha parábola acerca da necesidade de orar sempre, sen cansar:
Había nunha vila un xuíz que nin temía a Deus nin respectaba o home.
Na mesma vila había tamén unha viúva, que acudía a el dicíndolle:
“Faime xustiza fronte ó meu contrario”.
El durante moito tempo non lle fixo caso ningún; pero despois cavilou:
“Aínda que non temo a Deus nin respecto o home, como esta viúva me está amolando, voulle facer xustiza, para que non me siga toleando toda a vida”.

E o Señor continuou:
Escoitade o que di un xuíz inxusto.
¿E logo Deus non lles vai facer xustiza ós seus elixidos, que claman día e noite, e non vai ter paciencia con eles?
Asegúrovos que lles fará xustiza a tempo. Pero cando chegue o Fillo do Home, ¿el atopará fe sobre a terra?

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *