23. octubre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

XXX Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (18,9-14):

Propuxo tamén esa parábola dirixíndose a uns que estaban moi seguros de si mesmos, créndose perfectos e desprezando os demais:
Dous homes subiron ó templo a orar; un era fariseo e outro recadador de impostos.

O fariseo, de pé, oraba para os seus adentros deste xeito:
“Meu Deus, douche grazas porque non son coma os demais: ladrón, inxusto e adúltero; nin coma ese recadador. Gardo o xaxún dúas veces por semana e pago o décimo de todo canto gaño”.

O recadador, en troques, manténdose a distancia, non se atrevía nin a levantar os ollos ó ceo, senón que petando no peito dicía:
“Meu Deus, ten compaixón de min, que son un pecador”.

Asegúrovos que este baixou reconciliado con Deus para a súa casa e, en cambio, o outro non.
Porque a todo o que se teña por moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *