02 Octubre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

XXVII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (17,5-10):

Rogáronlle os apóstolos ó Señor:
¡Auméntanos a fe!

O Señor respondeulles:
Se tivésedes polo menos unha fe coma un gran de mostaza, diriádeslle a esta moreira:
“Arríncate e plántate no mar”, e seguro que vos obedecía.

E ¿quen de vós que teña un criado arando ou pastoreando, lle di cando chega da veiga:
“Entra axiña e ponte á mesa”.
¿Non lle dirá máis ben: “Prepara a cea, viste a roupa de traballo e ponme a comida; e cando eu remate de comer e beber, comerás e beberás ti?”
¿Ou é que aínda lle vai ter que estar agradecido ó criado por facer o que lle manda?
Así tamén vós, cando fagades todo o que se vos mande, dicide:
“Somos simples servidores: total, non fixemos máis do que tiñamos que facer”.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *