XXVIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (17,11-19):
Indo camiño de Xerusalén, mentres pasaba entre Samaría e Galilea, ó entrar nunha aldea, saíronlle ó paso dez gafos. Pararon ó lonxe, e dando voces suplicáronlle:
Xesús, Mestre, ten dó de nós.
El, ó velos, díxolles:
Ídevos presentar ós sacerdotes.
E aconteceu que cando ían para alá, quedaron limpos. E un deles, ó se decatar de que estaba curado, volveu loando a Deus con grandes voces. E prostrándose, rostro en terra, ós pés de Xesús, deulle as grazas. Era un samaritano.
Xesús dixo:
¿Non foron dez os que quedaron limpos? ¿Onde están os outros nove? ¿Ninguén, fóra dun estranxeiro, volveu para lle dar gloria a Deus?
E engadiu:
Érguete e vaite: salvoute a túa fe.