6 marzo 2022

Juan_Andres No hay comentarios

I Domingo de Cuaresma
San Lucas (Lc 4,1-13): Jesús Permaneció Fiel a su Misión

Entón Xesús, cheo de Espírito Santo, volveu do Xordán, e o Espírito levouno deserto adiante, durante corenta días, onde o tentou o Satán. Naqueles días non probou bocado, pero ó cabo deles sentiu fame. E díxolle o Satán:
‑Se es o Fillo de Deus, manda que estas pedras se volvan pan.

Respondeulle Xesús:
‑Está escrito: O home vive de algo máis ca de pan.

Despois levouno a un outeiro e mostroulle nun intre todos os reinos do mundo. Díxolle o Satán:
‑Dareiche todo o seu poder e toda a súa gloria, porque mos entregaron a min e doullos eu a quen quero: Se me adoras todo será teu.

Respondeulle Xesús:
‑Escrito está: Adorarás o Señor, o teu Deus, e só a El darás culto.

Levouno logo a Xerusalén e plantouno no cumio do templo e díxolle:
‑Se es o Fillo de Deus, bótate de aquí abaixo, que está escrito: Mandará ós seus anxos para que te garden; e tamén: Levarate nas súas mans para que non se manquen quen os teus pés nas pedras.

Xesús respondeulle:
‑Está mandado:Non tentarás o Señor, o teu Deus.

E rematadas as tentacións, o Satán deixouno ata o tempo axeitado.

Categories
2022-03 Marzo
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *