18 julio 2021

Juan_Andres No hay comentarios

XVI Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 6, 30-34

Cando volveron a reunirse con Xesús, os apóstolos contáronlle canto fixeran e ensinaran. El díxolles:

‑Vide vós comigo a un lugar arredado, e descansade un pouco.

Eran moitos os que ían e viñan, e nin para comer atopaban tempo.

Fóronse sós na barca a un lugar arredado. Pero, ó velos marchar, a xente foinos seguindo por terra desde todas as vilas, e chegaron primeiro ca eles. Así, cando desembarcaron, atopouse cunha grande multitude. El, conmovido, porque eran coma ovellas sen pastor, púxose a predicar ensinándolles moitas cousas.

Categories
2021-07 Julio
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *