Santiago Apóstol
San Mateo 20, 20 – 28
Entón achegóuselle a nai dos fillos do Zebedeo cos seus fillos, prostrándose para pedirlle algo. El preguntoulle:
‑¿Que queres?
Respondeulle:
‑Manda que estes dous fillos meus senten un á túa dereita e outro á túa esquerda no teu Reino.
Respondeulle Xesús:
‑Non sabedes o que pedides. ¿Poderedes beber o cáliz que eu teño que beber?
Respondéronlle:
‑Podemos.
Xesús replicou:
‑O meu cáliz beberédelo; pero o sentar á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende de min concedelo: é para quen o meu Pai o ten preparado.
O escoitaren isto os outros dez, anoxáronse todos cos dous irmáns. Entón Xesús chamou por eles e díxolles:
‑Xa sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan, e os poderosos os asoballan. Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos: quen queira ser importante, que sirva ós demais; e quen queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal; porque o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entregar a súa vida en rescate por todos.