XVIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Juan 6, 24 – 35
Así que, en vendo a xente que Xesús non estaba alí, nin tampouco os seus discípulos, montaron nos botes e chegaron a Cafarnaúm buscando a Xesús.
Atopárono na outra banda do mar e dixéronlle:
‑Rabbí, ¿cando chegaches aquí?
Xesús contestoulles:
‑Con toda verdade volo aseguro: buscádesme non porque vistes sinais, senón porque comestes pan ata vos fartar. 27Traballade non polo pan que se acaba, senón polo que dura deica a vida eterna, o que vos dará o Fillo do Home: pois el é a quen o Pai Deus marcou co seu selo.
Eles preguntáronlle:
‑¿Que temos que facer para realizar as obras de Deus?
Respondeu Xesús:
‑Esta é a obra de Deus: que creades naquel que El mandou.
Replicáronlle:
‑¿Que sinal fas ti, para que véndoo creamos en ti? ¿Que podes facer? Os nosos pais comeron o maná no deserto, conforme está escrito: deulles a comer pan do ceo.
Entón díxolles Xesús:
‑Con toda verdade volo aseguro: non foi Moisés quen vos deu o pan do ceo; meu Pai é quen vos dá o verdadeiro pan do ceo: pois o pan de Deus é o que baixa do ceo e que lle dá vida ó mundo.
Dixéronlle entón:
‑Señor, dános sempre dese pan.
Xesús respondeulles:
‑Eu son o pan da vida: quen vén onda min, non pasará fame e quen cre en min, endexamais non terá sede.