15 agosto 2021

Juan_Andres No hay comentarios

La Asunción de la Bienaventurada Virgen María
San Lucas 1, 39 – 56

Naqueles mesmos días saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. Entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel. E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, exclamou Isabel, a grandes voces:

‑Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de alegría a criatura no meu ventre. ¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor!

O Magníficat
Entón María exclamou:

A miña alma proclama a grandeza do Señor, e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,porque reparou na súa humilde escraviña.

Velaí: desde agora tódalas xeracións me van felicitar.
¡Marabillas o Poderoso fixo en min!

O seu nome é Santo;a súa misericordia chega xeración tras xeración a todos os que o temen.

Manifesta o poder do seu brazo, desbaratando os plans dos soberbios.

Derruba do seu trono ós poderosos, e fai subir os humildes; ós famentos éncheos de bens, e ós ricos despídeos baleiros.

Ampara a Israel, o seu Servidor, lembrándose da súa misericordia, conforme prometera a nosos pais, en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.

María permaneceu con ela tres meses, e logo volveuse para a súa casa.

Categories
2021-08 Agosto
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *