XIV Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 6, 1 – 6
Saíndo de alí, foise para a súa vila, acompañado polos seus discípulos. Cando chegou o sábado, empezou a ensinalos na sinagoga. E moita da xente que o escoitaba dicía abraiada:
‑¿De onde lle veñen a este todas esas cousas? ¿Que sabedoría é esa que lle ensinaron, e como pode facer tantos milagres pola súa man? ¿Non é este o carpinteiro, fillo de María e irmán de Santiago, Xosé, Xudas e mais Simón, e as súas irmás non viven aquí connosco?
Estaban realmente escandalizados. Pero Xesus díxolles:
‑Non hai profeta máis desprezado que na súa terra, na súa casa, ou entre os seus parentes.
E non puido realizar alí ningún milagre, fóra dalgunhas curacións, que fixo impoñendo as mans. Estaba sorprendido por aquela incredulidade. E dedicouse a andar polas aldeas dos arredores, ensinando.