XIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 5, 21-43
Viñeron a Cafarnaún, e, ó chegar o sábado, púxose a ensinar na sinagoga.
Todos estaban abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten autoridade, non coma os letrados. E cadrou que había naquela sinagoga un home posuído por un mal espírito, e púxose a berrar:
‑¿Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? ¿Seica viñeches para acabar connosco? Ben sei quen es ti: ti es o Santo de Deus.
Xesús mandoulle:
‑Cala, e bótate fóra dese home.
O espírito malo sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del. Todos ficaron pasmados, e discutían entre si, dicindo:
‑¿Que é isto? Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes ós espíritos malos, e eles obedéceno.
E a súa sona espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.
Despois de saír da sinagoga, foi á casa de Simón e mais de Andrés, con Santiago e Xoán. A sogra de Simón estaba na cama con febre, e axiña lle falaron dela. E, achegándose, colleuna pola man e ergueuna; desapareceulle a febre e púxose a servilos.
Chegada a tardiña, xa de sol posto, leváronlle todos os enfermos e endemoñados; a vila enteira se amoreou na porta. E sandou a moitos enfermos de varias doenzas e botou moitos demoños. Pero ós demoños non os deixaba falar, porque o coñecían ben.
Erguéndose moi cedo, aínda de noite, saíu para un lugar arredado, onde se puxo a orar. Simón e mais os seus compañeiros fórono seguindo, 37e cando o atoparon, dixéronlle:
‑Todos te andan a buscar.
El respondeu:
‑Vaiamos a outro sitio, ás aldeas veciñas, para predicarmos tamén alí, que para isto vin.
E foi predicando polas sinagogas de Galilea, botando fóra os demos.
Acercóuselles un gafo, e rogoulle de xeonllos:
‑Ti, se queres, pódesme limpar.
‑Xesús, estremecido, alongou a man, e tocouno, dicindo:
‑Pois quero, queda limpo.