El Cuerpo y la Sangre Santísimos de Cristo
San Marcos 14, 12-16 22-26
12-16
No primeiro día da festa dos Ácimos, cando se sacrificaba o año pascual, preguntáronlle os seus discípulos:
¿Onde queres que vaiamos preparar a Cea Pascual?
El mandou a dous discípulos, dicíndolles:
Ide á cidade, e havos saír ó paso un home, cunha sella de auga. Ide tras el e onde entre, dicídelle ó dono da casa: “O Mestre pregunta: ¿onde está o lugar no que podo comer a Pascua cos meus discípulos?” 15El havos mostrar no sobrado unha grande sala, xa disposta e arranxada. Vós preparade o que faga falta.
Marcharon os discípulos e, chegando á cidade, atoparon todo tal como llelo el dixera. E prepararon a Pascua.
22-26
Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan, deu grazas, partiuno e déullelo, dicindo:
Tomade, isto é o meu corpo.
E collendo unha copa, dando grazas, pasóullela, e todos beberon dela. 24E díxolles:
Isto é o meu sangue, da Alianza, vertido por todos. Asegúrovos que xa non volverei beber do produto da viña ata o día que o beba, noviño, no Reino de Deus.
Despois de cantaren os Salmos, saíron para o Monte das Oliveiras.