20 junio 2021

Juan_Andres No hay comentarios

XII Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 4, 35 – 41

E naquel día á caída da noite, díxolles:
Ora, vamos para a banda de alá.

Eles, deixando a xente, levárono no bote onde estaba sentado; e ían seguidos por outras barcas. E formouse tal remuíño de vento que os salseiros caían enriba do bote e enchíano de auga. 38El, entrementres, estaba na popa durmindo sobre un cabezal. Fórono espertar, berrándolle:
Mestre, ¿seica non che importa que afoguemos?

Entón el, espertando, increpou ó vento, e díxolle ó mar: ¡Silencio, e acouga!

O vento amainou, e veu unha gran calma.

Despois díxolles:
¿Por que tendes tanto medo? ¿Seica aínda non tendes fe?

Eles, cheos dun medo enorme, comentaban entre si:
Pero, ¿quen será este, que mesmo o vento e o mar o obedecen?

Categories
2021-06 Junio
Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *