XXIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 7, 31 – 37
De novo, deixando Tiro, veu dar por Sidón ó mar de Galilea, atravesando a Decápolis. Presentáronlle un xordomudo, e suplicáronlle que lle impuxese as mans. Xesús, separándoo da xente, meteulle os dedos nas orellas, e tocoulle a lingua con cuspe. Logo, erguendo os ollos ó ceo, suspirou e dixo:
‑Effatá (ou sexa: “ábrete”).
E no instante abríronselle os oídos, e falaba perfectamente. Logo prohibiulles contalo a ninguén; pero canto máis llelo prohibía, máis o espallaban. E a xente, totalmente abraiada, comentaba:
‑¡Que ben o fai todo! Fai que os xordos oian e que os mudos falen.