XXIV Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 8, 27-35
Ia Xesús cos seus discípulos cara ás aldeas de Cesarea de Filipo, e polo camiño preguntoulles:
‑¿Quen di a xente que son eu?
Eles responderon:
‑Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; e outros, que algún dos profetas.
El preguntoulles a eles:
‑¿E vós, quen dicides que son?
Respondeu Simón Pedro:
‑Ti es o Mesías.
E prohibiulles diciren nada a ninguén.
Entón, con toda claridade, empezou a adoutrinalos acerca de que era preciso que o Fillo do Home padecese moito, e que o rexeitasen os anciáns, os Sumos Sacerdotes e mais os letrados; que o ían matar, e que ós tres días había resucitar.
Explicoulles isto con toda claridade. Entón Pedro, colléndoo á parte, empezou a rifarlle.
Pero Xesús volvéndose cara ós discípulos, reprendeuno:
‑¡Arreda de min, Satán, que ti non te me deixas guiar por Deus, senón polos homes!
E chamando á xente onda os seus discípulos, díxolles a todos:
‑Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, cargue coa súa cruz, e que me siga. Pois o que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen perda a súa vida pola miña causa e pola do Evanxeo, ese poñeraa a salvo.