XXV Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 9, 30-37
E marcharon de alí, atravesando a Galilea sen enredar nela, porque non quería que o soubese ninguén; pois ía informando ós discípulos, dicíndolles:
‑O Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes, que o matarán; pero, despois de morto, pasados tres días, ha resucitar.
Eles non entendían o que lles dicía, pero non se atrevían a preguntarllo.
Chegaron a Cafarnaún, e, cando estaban na casa, preguntoulles:
‑¿De que viñades discutindo polo camiño?
Eles calaron, porque no camiño discutiran entre si sobre quen era o máis importante. Xesús sentou, chamou polos Doce e díxolles:
‑O que queira ser o primeiro, que sexa o derradeiro e o servidor de todos.
E, collendo un neno, púxoo no medio deles e abrazándoo, dixo:
‑Quen acolle a un destes nenos no meu nome, acólleme a min; e quen me acolle a min, non é a min a quen acolle, senón a Aquel que me mandou.