XXXIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Marcos 13, 24 – 32
Pero naqueles días, pasada xa aquela angustia, o sol hase escurecer, a lúa deixará de aluar, as estrelas caerán do ceo, abalarán as potencias do ceo. Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes con grande poder e gloria. 27E mandará os anxos para reuniren os elixidos desde os catro ventos do cabo da terra ata o cabo do ceo.
Aprendede da comparanza da figueira. Cando lle saen os gromos e bota a folla, comprendedes que o verán está a chegar. Así tamén vós, cando vexades que pasan estas cousas, sabede que xa está pretiño, á porta. Asegúrovos que non pasará esta xeración sen que antes suceda todo isto. O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
En canto ó día e mais a hora no que isto vai acontecer ninguén sabe nada, nin os anxos do ceo, nin o Fillo; sábeo o Pai soamente. 33Estade logo á espreita e atentos, que non sabedes cando será o momento.