28 Noviembre 2021

Juan_Andres No hay comentarios

I Domingo de Adviento
San Lucas 21, 25-28.34-36

Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as nacións tremerán coa angustia ante o bruar do mar e das ondas; os homes morrerán cheos de medo e de desacougo, polo que virá enriba do mundo, pois mesmo os astros abalarán. Entón verán o Fillo do Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria.

Pero cando empece a suceder todo isto, poñédevos de pé e erguede ben a cabeza, porque chega o día da vosa liberación.

Tede conta de vós mesmos; non sexa que vos atordedes na borracheira, na libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día; porque caerá coma un lazo sobre todos os que habitan a terra. Vós vixiade sempre, e pregade para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros diante do Fillo do Home.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *