06 noviembre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

XXXII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (20,27-38):

Chegaron algúns saduceos ‑eses que negan que haxa resurrección e preguntáronlle:
Mestre, Moisés deixou escrito: “Se lle morre a alguén o seu irmán sen deixar fillos, que case coa viúva de seu irmán, para lle dar descendencia”.
Pois dunha vez había sete irmáns. O primeiro casou, e morreu sen fillos. Despois casou con ela o segundo; e logo o terceiro; e así os sete foron casando coa viúva, morrendo tamén sen deixar fillos. O cabo, morreu tamén a muller. Ora, cando resuciten, ¿de cal deles vai ser a muller, se estivo casada cos sete?

Xesús contestoulles:
Neste mundo os homes e mais as mulleres casan entre eles. Pero os que sexan dignos da vida futura e da resurrección de entre os mortos, non casarán nin eles nin elas, pois non poden morrer. Son coma anxos, e son fillos de Deus por naceren na resurrección.

E que resucitan os mortos, ben o deixou indicado Moisés, cando dixo do Señor, no episodio da silveira: O Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob.
E Deus non é un Deus de mortos, senón de vivos, para El todos están vivos.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *