20. noviembre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

Nuestro Señor Jesucristo, Rey del Universo
San Lucas (23,35-43):

A xente estaba a mirar, e os xefes moqueábanse del, dicindo:
A outros salvounos. Pois que se salve agora el, se é o Mesías de Deus, o Elixido.

Tamén os soldados se burlaban del, e achegándose ofrecíanlle vinagre, dicin-do:
Se ti es o rei dos xudeus, sálvate a ti mesmo.

E había un letreiro enriba del: “Este é o rei dos xudeus”.

Un dos bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén:
¿Non es ti o Mesías? Pois sálvate ti e sálvanos a nós.

Pero contestoulle o outro, reprendéndoo:

¿Seica non temes a Deus, ti que sofres a mesma condena ca el? Nós, polo menos, recibimos o que merecemos, pero este non fixo mal ningún.

E dicíalle:
Xesús, lémbrate de min cando volvas coma rei.

Xesús respondeulle:
Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *