13. noviembre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

XXXIII Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (21,5-19):

Comentaban algúns a fermosa cantería con que estaba construído o templo, e os exvotos que o adornaban. Pero el díxolles:
Todo isto que estades a contemplar, días virán nos que o derrubarán ata que non quede pedra sobre pedra.

Eles preguntáronlle:
Mestre, dinos, ¿cando van pasar estas cousas? ¿Cal será o signo de que van suceder?

El empezoulles a dicir:
Estade atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome, dicindo: “son eu” e “está a chegar o momento”, pero non os sigades. Cando oiades falar de guerras e desordes, non vos asustedes; que iso ten certamente que acontecer primeiro, pero aínda non será a fin.

Entón díxolles:
Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá grandes terremotos, pestes e fames en diversos lugares; cousas espantosas, e grandes sinais no ceo. Pero antes de todo isto botaranse sobre vós, perseguíndovos: levaranvos ás sinagogas e á cadea, ante reis e gobernadores por causa miña; así teredes a oportunidade de dar testemuño. Metede ben na cabeza que non tedes que preocuparvos pola vosa defensa, que eu vos darei unha elocuencia e mais unha sabedoría que non poderán resistir nin replicar os vosos adversarios. Entregaranvos vosos mesmos pais, irmáns, parentes e amigos. Mataranvos a algúns de vós, e todos vos aborrecerán por causa miña, e mais non perderedes nin un pelo da vosa cabeza. Coa vosa perseveranza, salvaredes as vosas vidas.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *