XXXI Domingo del Tiempo Ordinario
San Lucas (19,1-10):
Chegou Xesús a Xericó e pasaba atravesando a cidade. Había alí un home chamado Zaqueo, xefe dos recadadores e moi rico. Intentaba ver quen era Xesús; pero impedíallo a xente, porque el era pequeneiro. Entón botou a correr e subiu a unha figueira para velo, porque ía pasar por alí.
O pasar Xesús por aquel lugar, levantou a vista e díxolle:
Zaqueo, baixa de contado, que hoxe teño que parar na túa casa.
El, baixando de contado, acolleuno moi contento. Pero vendo aquilo, a xente empezou a murmurar:
Entrou a se hospedar na casa dun pecador.
Zaqueo, posto de pé, díxolle ó Señor:
Señor, darei a metade de todo canto teño ós pobres e, se algo roubei a alguén, devolvereille catro veces máis.
Entón Xesús dixo:
Hoxe chegou a salvación a esta casa, pois tamén este é fillo de Abraham. Porque o Fillo do Home vén buscar e salvar o que estaba perdido.