27. noviembre 2022

Juan_Andres No hay comentarios

I Domingo de Adviento
San Mateo 24,37-44.

Coma nos tempos de Noé, así pasará cando veña o Fillo do Home. Antes do diluvio comían, bebían e casaban ata o día que Noé entrou na arca; 39e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos. O mesmo pasará cando veña o Fillo do Home. Entón estarán dous homes no agro; levarán a un e deixarán ó outro. Estarán dúas mulleres moendo no muíño, levarán unha e deixarán a outra.

Vixiade, porque non sabedes nada do día no que virá o voso Señor. Entendédeo ben: se soubese o dono da casa a que hora vai chegar o ladrón, estaría á espreita e non permitiría que lle asaltasen a casa. Así tamén: estade vós preparados, porque na hora menos pensada preséntase o Fillo do Home.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *